Presentación
A Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi) ten como fin incrementar a participación galega nos programas de I+D+i internacionais.
A OPIDi, incluída na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, presta servizos de asesoramento, apoio e promoción ás entidades galegas (Organismos Públicos de Investigación, Centros Tecnolóxicos, Empresas, etc.), potenciando a súa implicación nos programas da Comisión Europea e noutros programas internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación.
Obxectivos:
Encadrados dentro das prioridades estratéxicas definidas no Plan Galego de I+D+i 2006-2010, son:
- Mellorar o coñecemento dos Programas Internacionais entre os axentes do Sistema Galego de I+D+i.
- Incrementar o número de proxectos presentados e aprobados en programas europeos que conten coa participación de entidades galegas.
- Incrementar o retorno de fondos europeos para o financiamento da I+D+i.
- Fomentar a internacionalización dos axentes galegos de I+D+i.
Para levar a cabo a súa actividade a OPIDi conta coa súa sede central en Ferrol e dispón dunha oficina en Bruxelas.









