O CDTI cambia a súa estrutura organizativa para ofrecer unha maior e mellor orientación ás empresas
Onte presentouse no Consello de Administración do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), Entidade Pública Empresarial dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, a nova estrutura organizativa deste Centro que entrará en vigor a partir do 25 de agosto de 2010. Este cambio na súa organización xurde para dotar a este organismo dunha maior orientación hacia as empresas e de impulsar a colaboración entre as distintas Direccións deste Centro. A nova estrutura do CDTI contará con dúas Direccións Técnicas, unha Dirección de Programas Innovadores Globais, unha Dirección de Mercados Innovadores Globais, outra de Control de Resultados e Indicadores e, finalmente, unha Dirección de Xestión Operativa que estruturará e vertebrará todo o soporte organizativo do Centro.
Enlace
Data nova
23/07/2010









