Xornada de Presentación das Convocatorias dos temas HEALTH e KBBE do VII Programa Cadro
Data evento
30/06/2010
Lugar
Ferrol
Comentarios
A OPIDi organiza esta xornada con motivo da próxima apertura de convocatorias destas temáticas(prevista para o 30 de xullo). A 1ª parte do evento contará coa intervención de Marta Gómez (CDTI), NCP de KBBE do FP7, que falará do contido do programa de traballo 2011 e das correspondentes convocatorias, e con María Gómez - Reino, responsable da Unidade de Innovación Internacional de ANFACO - CECOPESCA, que exporá a súa experiencia en proxectos europeos de I+D. Na 2ª parte, de novo Marta Gómez, experta e PNC de Saúde do FP7, tratará o WP 2011 e as convocatorias relacionadas con esta temática (incluindo IMI) e Francisca García Lizana, Policy Officer - ICT for Health da DG INFSO (EC), trasladará aos asistentes as posibilidades de financiamento do FP7 relacionadas con e-Health. Rematadas as presentacións, haberá un espazo reservado para revisar propostas coas expertas das diferentes temáticas. Aqueles interesados terán que enviar un resumo da proposta (1 folla máx.), antes do 23 de xuño.










