Energía en el Programa Marco de IDT
Data evento
27/05/2010
Lugar
Ferrol (Edificio CIS T&D)
Comentarios
A OPIDi está a organizar esta xornada no marco do proxecto europeo ER-INNOVA. Este proxecto ten como obxectivo mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas do sector das enerxías renovables a través das TIC. O evento contará coa participación do INEGA, que ofrecerá unha visión xeral do sector das enerxías renovables en Galicia, e co Punto Nacional de Contacto, Borja Izquierdo (CDTI), que falará das próximas convocatorias de Enerxía do VII Programa Marco, previstas para o 30 de xullo deste ano. A continuación, o xefe de fila e os socios de ER-INNOVA realizarán unha presentación dos obxectivos e actividades do proxecto. Por último, expertos de FAEPAC e T-SOLAR transmitirán a súa experiencia na participación en Programas Europeos de I+D+i. Podedes atopar o programa da xornada e o boletín de inscrición no arquivo achegado.










