Detalle do even...

Xornada informativa: As Infraestruturas Científicas no Sétimo Programa Cadro da UE e o “Roadmap de ESFRI”

Data evento

30/09/2009

Lugar

Edificio do CIS D&T (Ferrol)

Comentarios

A Oficina Europea do MICINN está a organizar, en colaboración coa OPIDi, a Xornada Informativa “As Infraestruturas Científicas no Sétimo Programa Cadro da U.E e o Roadmap de ESFRI”, que terá lugar o 30 de setembro en Ferrol.

O obxectivo da iniciativa é fomentar a participación española no Programa Infraestruturas do FP7 e favorecer o liderado dos socios españois neste programa, ademais de dar a coñecer a folla de ruta de ESFRI (European Strategy Forum on Research Infrastructures).

Neste evento presentaranse as actividades de apoio ás Infraestruturas no FP7 e as novas convocatorias INFRASTRUCTURES-2010-1 e 2. Tamén trataranse os aspectos legais e financeiros deste tipo de proxectos e analizaranse os casos de éxito en convocatorias anteriores.

Por outra banda, ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas cos expertos para revisión de propostas.

Todas aquelas persoas interesadas no evento, podedes consultar a axenda no arquivo achegado.

Enlace

http://www.opidi.org

NomeArquivoTamaño
Axenda e boletín de inscriciónaxenda e boletín de inscrición.doc127.5 Kb_ACTION_DESCARGAR_DOCUMENTO
European e-Infrastructure Success Stories success-stories_en.pdf5133.6 Kb_ACTION_DESCARGAR_DOCUMENTO
ESFRI Roadmap 2008esfri_roadmap_update_2008.pdf3151.1 Kb_ACTION_DESCARGAR_DOCUMENTO
Presentacións XornadaPresentacións Xornada Infraestruturas Ferrol 30-09-09.zip17277 Kb_ACTION_DESCARGAR_DOCUMENTO
Project SynopsesProject Synopses.pdf5199.4 Kb_ACTION_DESCARGAR_DOCUMENTO