Xornada Rexións do Coñecemento e Potencial de Investigación - FP7
Data evento
30/06/2009
Lugar
Ferrol
Comentarios
A OPIDi está a organizar unha Xornada Informativa sobre os Programas "Regions of Knowledge" (este ano centrado en saúde) e "Research Potential", do VII Programa Cadro. O evento, que se realizará en Ferrol (Edificio CIS D&T) o 30 de xuño de 2009 pola mañá, contará coa participación do Punto Nacional de Contacto, Macarena Muñoz, e do Representante Nacional nos Comités, Rafael Rodríguez. Estes expertos darán a coñecer os obxectivos e estrutura destes programas, os resultados obtidos en convocatorias previas, así como o contido das vindeiras convocatorias de 2010. Así mesmo, ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas individuais coa NCP e o Representante Nacional para a revisión de propostas xa presentadas en anteriores convocatorias. Todos aqueles interesados teredes que enviar un resumo da mesma, antes do 26 de xuño. Podedes ampliar información sobre as vindeiras convocatorias de RoK e Regpot, así como o programa e o boletín de inscrición, nos arquivos adxuntos.










